|
Temas
Archivos
Enlaces
Curiosidades varias
O cine
O deporte
O galego
A música
A publicidade
A televisión
Información
Política
Galicia
HAI QUE BOTALOS!
Humor
Buscadores
Radio
Diarios
|
Se muestran los artículos pertenecientes al tema Política.

Descarga aquí a montaxe sobre os matrimonios homosexuais Este é un traballo para a práctica da asignatura de Opinión Pública. A profesora díxonos de localizar un fenómeno de opinión pública e analizalo. Nós, decidimos realizar unha análise sobre os matrimonios homosexuais, pero precisabamos coñecer millor a opinión da xente... E a verdade é que esta sorprendeunos... Desde que ía contra natura, que era unha desviación... Ata que debería de levarse a cabo hai anos antes e que a Igrexa debería calar... Simplesmente vede a montaxe, e que cada un que saque as súas próprias conclusións... Espero que o desfrutedes!  Descarga aquí este vídeo de minuto e medio, no que "busca" as verdades da FAES Tras as eleccións de marzal de 2004, nas que o día 14 dese mes, saiu victorioso o PSOE, multitude de organizacións fascistas afirman ter a verdadeira razón da súa victoria: a manipulación do resultado electoral vén dado polos horribles atentados acontecidos o 11-M... Participaron os socialistas, ou coma eles denominan "la izquierda española" na colocación das bombas? Aproveitaron os socialistas o horrible atentado para lograr captar máis votos o 14 de marzo?... Estas dúbidas (que non deberían nin tan sequera ser plantexadas), son algunhas das realizadas no bochornoso vídeo da FAES, no que afirma que algunha das primeiras preguntas dos terroristas arrestados foi: Quen gañou as eleccións? Paréceme vergonzoso que alguén poida dicir que un goberno gañou unhas eleccións aproveitándose dalgo de tal gravedade e tan serio coma o 11-M, o atentado máis amargo e con máis víctimas en territorio español... Non sería que o chamado "voto útil" xurdiu efecto? Non será que máis da metade de España deuse conta que o goberno do PP mentía, inganaba e roubaba ós españois...? O fuel oil non foi esparcido polos socialistas (o cal non quere dicir que se estiveran eles no goberno, non puidese suceder de igual xeito a catástrofe), nin tampouco enviou ás tropas españolas á Guerra do Iraque... En vez de pensar no 11-M, por que non se preocuparon do resto de graves erros que cometeron durante oito anos??? Este vídeo é toda unha delicatese para todo aquel que queira comparar un con outro...
 Descarga a quí a visita de Aznar a San Lázaro Nunca Máis reúne para nós, os "millores" momentos dos dirixentes do Partido Popular en visitas ó noso país... Non hai máis que ver coma foi recibido Jose María García Aznar o 26 de Xaneiro de 2003, nunha visita á capital de Galicia, onde paseou polas distintas delegacións do goberno e asistiu o pazo de exposicións de Galicia a recibir unha conferencia sobre a situación que estaba a sufrir Galicia naqueles tempos... Mentres paseaba, aí temos os victores da xente, alabando o noso presidente... Isto é digno de ser escoitado...  O presidente do goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, afirma poder respectar a Constitución Española de 1978 no seu Artigo II, denominando Cataluña dunha maneira satisfactoria para todos... Porque moitos cataláns afirman que a súa comunidade é unha nación, e moitos españois cren que España é a única nación, segundo o presidente, débense respectar a todos. Pero no propio partido hai multitude de opinións: Maragall non estaría totalmente en contra se Cataluña fora denominada nación, mentres que Ibarra, o presidente de Extremadura, mantén que non permitirá que Cataluña sexa catalogada coma nación. O ministro de Defensa, José Bono expón que nación soamente pode ser España senón se trocan algúns dos artigos da Constitución. Segundo o presidente do goberno, as súas fórmulas non son tan complicadas como a opinión pública pensa, senón que son alternativas sólidas nas que ambas partes quedarán satisfeitas. El Estatut, un documento de trinta páxinas aproximadamente, é un asunto de espinosa actualidade e de difícil solución... O Estatuto Valenciano foi rapidamente despachado, pero cando se fala de nacións... A maioría dos partidos, e o partido maioritario por desgracia, pensa que de nación, pásase a Estado, e que se consideramos nación Cataluña, máis tarde esta, pasarase a independizar de España. Cal será a denominación que se lle colgará a Cataluña? "Territorio que é España pero é un pouco máis independente porque ten unha lingua, cultura e folclore diferente"? Pois algo así, seguramente... Que podemos esperar?  Xa estamos un pouco fartos de todo o que está a pasar na alambrada de Melilla, na que, desgraciadamente morreron persoas por motivo dos disparos de Deus sabe quen... As solucións non son viables. O problema da inmigración está descontrolado. Os inmigrantes non saben que facer xa para entrar noutro país, que representa un novo mundo, aínda que despois cheguen aquí e se rebaixen os piores traballos que hai. Veñen a traballar de forma humilde e sen tratar de molestar a ninguén. Arriscan a súa vida tratando de cruzar un alamio espiñoso e cando por fin logran tal fazaña, cheos de cortes e cardenais, son enviados de novo o seu país, cando todo o esforzo e ilusión co que entraron son feitos añicos... Agora o goberno plantexa exilialos ó deserto, para evitar que haxa problemas... De verdade crean eles problemas? Unha persoa é ilegal? Ninguén debería ser ilegal en ningún país... non? Por que non temos información dun clube que existe e ten as rendas do destino do mundo e polo tanto das nosas vidas? Algo se oe, algún comentario. algún titular... pero ninguén ofrece información que nos clarifique... quen son? que queren? en definitiva, que é o clube bilderberg? Parece ser que algúns programas de Telecinco, coma TNT e Pecado Orixinal (agora fóra de antena), ofreceron algo de información, pero deixáronnos coa mel nos beizos. En maio deste ano, o Clube celebrou a súa reunión anual, e ningúen nos dixo nada... Tan só sabemos minucias, pero detalles que nos afectaron directamente. Tralo réxime franquista... quen influíu en que saira elexido Don Juan Carlos I coma rei? E que grupo se reuniu no balneario da Toxa no ano 1989? En efecto, esto forma parte das investigacións de TNT... Incluso se especula que grandes sucesos que conmocionaron ó mundo teñen a súa orixe no clube, coma o asasinato de Kennedy, o 11-S e tamén o 11-M... Quen son os integrantes deste grupo? Pois grandes empresarios de Estados Unidos e Europa, de multinacionais coma Coca-Cola, FranceTelecom, e tamén xefes de estado e numerosos ministros. Pode ser certo que Felipe González fose mestre de ceremonias, e que tamén participasen Esperanza Aguirre e Trinidad Jiménez... Este tema continuarase debatindo... Algunhas webs de interese, onde teñades noticias... Magdabandera, A noticia segundo TNT, A noticia segundo Pecado Orixinal Gustaríavos coñecer os arquivos ocultos, as cousas que ninguén soubo, quixo saber nin puido averiguar? Todo iso témolo nun arquivo pdf, para todos aqueles que queiran saber cales son as experiencias, os fraudes, as maiores pantomimas da historia deste partido. Todo elo, por cortesía de Andresinho, a través dun simple click... Clica aquí! É necesario ter Adobe Acrobat Reader...  A continuación, unha das perlas máis coñecidas do noso EXPRESIDENTE da Xunta de Galicia, na cal pode verse a súa delicatese e o seu empeño en reivindicar a nosa liberdade de expresión. Fraga falando sobre economía, política e desarrollo sostible (sabe el o que é iso?)recibe críticas moi duras, e non pode continuar sen que eses xívaros berren contra el... ( el pensa: Como se atreven?) Aquí tedes que clicar para descargar este arquivo .mp3  A continuación facilitovos un comunicado do Partido Falangista (FE-JONS), no cal anuncia unha serie de empresas que axudan a financiar a HB e tamén a ETA directamente... Non sei que máis se lle ocurrirá dicir a estes... De todos xeitos, aquí tedes o seu comunicado (traducido ó galego) NON ABONDA CON SENTIR CADA ATENTADO DE ETA. Dentro do entramado industrial e económico basco hai empresas que simpatizan e mesmo amparan ao grupo terrorista ETA. De entre todas elas a máis grande e se cadra máis familiar para todos sexa a cooperativa "MONDRAGÓN CORPORACIÓN". Cooperativa localizada en localidades con forte implantación do grupo político-terrorista EH-HB. Dentro desta corporación hai marcas tan familiares a todos como os SUPERMERCADOS EROSKI ou CONSUM. ou marcas de ELECTRODOMÉSTICOS como FAGOR ou EDESA. Estas son só as máis familiares pero son moitas máis que mesmo diáriamente as estas utilizando. Cada vez que mercas en EROSKI e o seu filial CONSUM ou mercas un electrodoméstico de FAGOR ou EDESA, estas axudando e financiando a unha empresa cuxa maioria de traballadores son votantes de EH, os seus concellos amparan e protexen aos terroristas e fas que prosperen unhas áreas xeográficas de forte implantación etarra. A ONCE, tan sensíbel para outras cousas, tampouco non tivo escrúpulo algún en se asociar e participar no grupo EROSKI. EN TI ESTA QUE ACTÚES, non serve lamentar os continuos atentados pensando que non podes facer nada, a túa simple postura en contra destas empresas e outras similares e mesmo en xeral os productos bascos poden ter efecto. Pero aínda non acabou isto... Se queres saber máis... Espera impaciente o seguinte artículo... Continuará... A asociación terrorista irlandesa IRA (Ireland Republican Army) está a piques de ser desarmada tras oito anos de conversa, negociación e diálogo para a paz. Tralo acordo firmado un venres Santo de 1998, Irlanda de Norte non vivirá a día de hoxe, máis ataques terrotistas... Así aseguraron dende o goberno central en Dublín, xa que garantizaban o total desarme da organización, eliminando todo o seu arseal. Os comunicados do IRA foron redactados polo seu brazo político, Sinn Fein. Aínda así, os protestantes non se fían do desarme total, argumentando que non hai probas gráficas que demostren esa posibilidade. A partir de agora, un proceso de cambio e negociación sobre o futuro de queda aberto... O fin das armas? Ogallá... A opresión británica? A asociación terrorista ETA (Euskadi ta Askatusuna, que quere dicir Euskadi e Liberdade), informou logo de que este pasado sábado explotase en Palencia un artefacto onde houbo graves daños materiais, ainda que ningún ferido, que a situación actual favorecía un acercamento da organización ó diálogo co goberno. Tamén explosionou o martes outro artefacto en Zaragoza sen danos graves aparentes. O novo sistema político español facilita moito máis o proceso do Estatuto basco, no cal, segundo ETA, buscan proclamar máis dereitos para o seu pobo, e chegar a unha verdadeira Euskal Herría. O comunicado de ETA, unha vez máis o diario Gara, afirma que "os inimigos do noso pobo non nos van agasallar nada", e tamén fala de novas oportunidades para o pobo basco. Estas declaracións da asociación terrorista coinciden co día do soldado basco " Gudari Eguna". ETA apoia a esquerda abertzale, coa cal, os cidadáns bascos gozarán de tódalas liberdades. Ó mesmo tempo, acusa ó Partido Nacionalista Vasco( PNV) de non favorecer ás peticións do seu pobo, actuando de maneira egoísta e coas axudas que reciben de Madrid, sen ter en conta á oposición no País Basco. Por outra banda, o PNV asegurou este verán que endexamais ía a propoñe-la independencia para Euskadi, o cal é totalmente contrario ós intereses de ETA. Agora faise un paralelismo... Xa que o IRA quebrou en Irlanda, quebrará ETA en España? Dende o meu punto de vista, non. ETA fala de oportunidades para abrir unha nova liña de diálogo, o cal non indica que non vaian a deixa-la loita armada... O proceso de desarme aínda está a comezar. É necesario (non polo terrorismo, senón polos bascos), un Estatuto firme, que indique o País Basco coma nación, que lle outorgue os dereitos os seus cidadáns... Tamén Galiza e Cataluña precisamos dese Estatuto... Chegará? Ou non? Servicios Sociais celebrará durante a próxima semana, dous talleres os días 18 e 19 deste mes para intentar eliminar os prexuizos sexistas na sociedade. Esta iniciativa parte do Primer Plan de Igualdade de Oportunidades entre Homes e Mulleres que organiza o concello de Lugo. O lugar de realización do evento será o centro social Uxío Novoneyra, o taller Educando Persoas, destinado ás asociacións de Nais e Pais de Alumnos ( as ANPA). O obxectivo é elimina-los estereotipos que veñen establecidos de tempo atrás, e que impiden que a muller poida desenvolve-la súa actividade con normalidade, sen ter que aguantar ós catro ou cinco de sempre, pero... ¿ Son sempre os catro ou cinco? ¿ Ou hai máis energúmenos que non teñen outra cousa que facer que sentirse superiores ó sexo opuesto?.A psicóloga Vitoria Rei Mariño será a encargada de levar a cabo este difícil labor. O segundo taller titúlase Linguaxe non sexista e Información, que será impartido ó longo do día 21, e tén como principais destinatarios ós comunicadores e demáis empregados dos mass media. As profesoras serán, neste caso, dous periodistas formadas e especializadas no tema do sexismo: Ana Belén Puñal Rama e María Isabel Menéndez Menéndez. A sesión será das 10 da mañá ata a 1 e media da tarde. Durante as charlas falarase da linguaxe sexista na comunicación, as distincións de xénero, a orde masculina imperante... Alégrome de que por fin se decidiran a elaborar un taller deste tipo, ainda que este problema tan discutido na actualidade, debería tomarse máis en conta anos atrás, cando o problema era maior. A unidade familiar e a linguaxe deben estar exentos de connotacións sexistas, pero así e todo, parabéns. Máis vale tarde que nunca.  Co goberno do PSOE estáse a comezar a elaborar unha lei que condene a violencia de xénero. Desde xuño do ano pasado, púxose en marcha esta iniciativa que trata de parar e eliminar os maltratos físicos e psicolóxicos aos que moitas mulleres foron sometidas. As denuncias contra homes maltratadores non son suficientes, as ordes de distanciamento, tampouco non. (Máis tarde, un amplo comentario sobre este tema.)
|